Reglamento 2024

Regulamento 2024

Artigo 1. Organización.

O Automovil Club As Pontes, A Asociación de Veciños A Naveira de Doso, Igrexafeita Rali Team e a Escudería Moeche, organizan o Open de Rutas Turísticas Ferrolterra 2024, o cal contará con cinco probas puntuables.

Crearase un Comité de seguimento do Open, do que formarán parte un representante de cada organizador.

Artigo 2. Definición e carácter das probas.

Cada evento, os cales son de carácter non deportivo, consisten nun percorrido para turismos convencionais no que se establecerá unha clasificación de regularidade cunha velocidade media inferior a 50 km/h.

Os eventos desenrolaranse en estradas abertas ó tráfico normal, nas que os participantes deberán cumprir en todo momento a Normativa de Circulación vixente.

Os vehículos participantes tomarán a saída cun intervalo dun minuto entre eles.

Artigo 3. Vehículos Admitidos.

Tódolos vehículos participantes deberán tener en vigor:

               – Permiso de Circulación.

               – Seguro Obligatorio de Responsabilidad Civil.

               – Inspección Técnica de Vehículos (ITV).

Os vehículos deberán cumprir a normativa vixente para a súa circulación polas vías públicas. Antes do inicio de cada proba, a organización poderá efectuar un control técnico y administrativo dos vehículos, no cal que deberán presentalos requisitos anteriormente citados, así como o Permiso de Conducción do conductor.

A pesar de que a responsabilidade pola falta de cumprimiento do Código de Circulación será do conductor do vehículo participante, a Organización poderá non autorizar a saída a aqueles vehículos que non teñan algún dos requisitos anteriormente expostos.

Artigo 4. Inscripción

-a) Farase un único modelo de inscripción, común para tódalas rutas, co encabezado do Open.

-b) No momento da inscripción, o conductor do equipo participante deberá asinar un documento, facilitado polo Organizador e común para tódolas probas, na cal declarará que:

               * Exime por completo de cualquer responsabilidade á Organización dos danos que cada participante poida ocasionar por motivo da proba.

               *Será responsable de cumprir as normas de circulación establecidas.

               *Cede os datos que se inclúen na inscripción para o uso deles polo organizador e o Open ós efectos de desenvolvemento normal da proba e do Open.

               *É responsable de cumprir as medidas sanitarias vixentes establecidas pola autoridade competente.

               *É coñecedor de que o organizador da proba pode variar o programa establecido por razóns sanitarias ou outras causas de forza maior, sempre ó abeiro do establecido polo Comité do Open.

               *É obrigatorio sufragalos gastos de inscripción e de acompañante/s, no               caso, no prazo do período de inscripción da dita proba, exonerando ó Organizador da decisión de excluílo equipo no caso de non facelo.

-c) O prezo por equipo participante será 60 euros, que inclúe a parte da inscripción na ruta do campionato, a comida ou cea para piloto e copiloto. Dito prezo reducirase a 35 euros no caso de que o equipo participante non queira participar na comida ou cea establecida polo Organizador da proba.

-d) Se un equipo quere apuntar a maiores un acompañante, o prezo por cada acompañante será 25 euros.

-e) O importe da inscripción devolverase íntegramente no caso de non celebrarse o evento. Non se devolverá cantidade alguna se se solicita con posterioridade á celebración da Ruta.

-f) Corresponde á Organización a decisión sobre devolucións noutros casos distintos ós contemplados neste artigo.

-g) O prazo para a formalización da inscripción de cada proba rematará ás 20:00 horas do mércores anterior a dita proba.

-h) Fixaranse un máximo de 60 inscritos por proba. Aceptaranse inscipcións ata ese número por exclusiva orde de inscripción.

-i) Se nunha Ruta non se consegue reunir o número mínimo de inscritos para a realización da misma, o cal será de 15, queda a criterio do Organizador realizala ou non.

               Se a decisión fose non realizala avisarase ós inscritos con suficiente antelación e devolveranse os cartos da inscripción a cada participante.

               Se a decisión fose realizala, a mesma puntuará de maneira normal para a clasificación do Open.

Artigo 5. Libro de Ruta.

a) Para a elaboración do libro de ruta seguiranse as seguintes pautas:

               -Hai que evitar pistas de terra.

-Evitar estradas xerais, autopistas e autovías, no posible e sempre que non sexan necesarias para o desenvolvemento normal da proba.

               -Os controladores e en xeral tódolos participantes na organización da proba, deben de ser coñecedores do Regulamento do Open, especialmente nas labores que vai desenrolar. A persoa que controle un CH debe de apuntar a hora exacta de paso, pero no cómputo de puntos, débese de seguir a premisa de que os controis con puntuación ata 2 puntos (2″) se tome como valor cero.

               -Nos controis que non estea claro o punto de control, debe de haber unha marca que facilite ós participantes atopar o punto exacto de control cando se acerquen a zona: un exemplo pode ser colocar unha estaca de cor visible.

               -As probas que restan puntos (fotos, habilidades, etc…), restarán un total de 100 puntos en tódalas rutas do Open.

b) O libro de ruta co percorrido de cada proba, entregaráselle ós participantes antes da saída, o cal, deberán de respetar íntegramente, non sendo no caso de forza maior, no que a Organización decidirá a ruta alternativa.

c) O libro de ruta sinala os controis horarios que establece cada organización.

Artigo 6. Placas e Letras.

A Organización entregará a cada equipo dúas placas, cada unha delas cunha letra, que se colocarán nambas ventanillas laterais traseiras. Nelas, tamén podrá figurar unha publicidade obrigatoria, que no caso de rechazala o precio da inscripción verase incrementado no dobre.

Cada equipo é responsable de que manteña o dorsal no lugar citado ata o final da proba.

Artigo 7. Controis.

No libro de ruta, virán estipulados os Controis Horarios de paso que haberá no percorrido.

Para o “picado” do tempo en cada C.H. teranse en conta os siguintes criterios:

               -Na medida do posible na casilla do C.H. virán marcados un STOP, un CEDA O PASO, COLECTORES DO LIXO, MARQUESINAS ou calquiera outro objecto que non cree dúbida alguna onde realizalo exactamente. A organización poderá utilizar inclusive sinalización propia, pese a que esta non estea debidamente homologada, para localización tanto de C.H. como doutro tipo de probas.

               -Terase en conta para tódolos C.H. a parte dianteira do vehículo, isto é cando a defensa dianteira do mesmo estea na perpendicular co eixo da vía que faiga o obxecto que estea estipulado no Libro de Ruta como C.H.

– Deter o vehículo por completo antes dos puntos establecidos como Controis Horarios de paso, e sempre que sexa, a xuízo do cronometrador, coa clara intención de non penalizar por adianto en el C.H. será penalizado con 300 puntos.

               – Se na casilla correspondente ó C.H. existe un STOP, o equipo deberá efectualo detendo o vehículo por completo o máis cerca posible do vértice do cruce, sendo nese momento cando se contabilizará a súa hora de paso. De non parar por completo o vehículo contabilizarase como se o equipo non pasase o dito control e sumaráselle 300 puntos.

               – Se na casilla correspondente ó C.H. existe un CEDA O PASO, “picarase” no momento de que o vehículo ceda o paso a outros. En caso de non haber outros vehículos “picarase” no momento que se incorpore ó novo carril. No caso de existir un CEDA e non haxa que cambiar de carril contabilizarase á altura do sinal do Ceda vertical se existe ou á altura da señal horizontal no seu defecto.

               – Se na casilla correspondiente ó C.H. existe unha ROTONDA, contabilizarase á entrada da mesma.

Artigo 8. Cronometraxe.

Realizarase ó segundo, desprezando a fracción. A penalización será un segundo por cada segundo de adianto ou de retraso polo paso exacto do Control Horario.

Artigo 9. Clasificación de cada proba e penalizacións.

Será gañador aquel que teña menos penalizacións acumuladas no remate da “Ruta” tralo paso por tódolos Controis Horarios.

No caso de empate, considerarase gañador ó equipo que teña máis ceros nos Controis Horarios de paso. Para conseguir un “cero” nun Control Horario de paso cómpre pasar polo dito control no segundo exacto que se debe facer. No caso de persistir o empate será gañador o que teña menos puntos no primeiro Control Horario, segundo,…

Penalizacións:

–-Se un equipo participante, inclúe un ou máis acompañantes, terá unha penalización   de +100 puntos (que son os puntos máximos que se descontan polas probas que restan). A criterio xustificado polo Organizador, pode dárselle excepción deste punto a algún equipo participante, sempre coa aprobación do Comité do Open.

-Co intención de facer un campeonato o máis igualado posible, estableceranse sempre as seguintes penalizacións, dos tres primeiros clasificados na ruta inmediatamente anterior:

                              *1ºclasificado ruta anterior: +50puntos.

                              *2ºclasificado ruta anterior: +30puntos.

                              *3ºclasificado ruta anterior: +10puntos.

– Por cada segundo de adianto ou retraso en cada Control Horario: +1 punto.

-Non cumprir as normas de circulación: +300 puntos.

– O retraso ou adianto entre 5 e 10 minutos ó paso en cualquiera Control Horario: +300 puntos.

-– O retraso ou adianto entre mais de 10 minutos ó paso en cualquiera Control Horario: +600 puntos.

– Por detención voluntaria denunciada por un cronometrador antes dun C.H.: +300 puntos.

– Non pasar un control: +600 puntos.

– Pérdida do dorsal que impida a identificación do participante: +1000 puntos.

– Ter un comportamento inadecuado con algún Organizador ou con outros participantes: Exclusión.

– Non obedece-las instruccións da Organización: Exclusión.

– Se algún participante ten unha conducta inapropiada ante un organizador ou participante, poderase non autorizar a saída en próximas rutas, baixo decisión do comité organizador.

– Cada organizador poderá establecer no seu Regulamento Particular outras probas como fotográficas, de habilidade, etc….

Penalizacións por ERRO NO PERCORRIDO:

– Non pasar no sentido indicado por un C.H. ainda que se pase na hora, non se terá en conta e penalizarase con +300 puntos. Exemplo: C.H. en Cruce Dereita e vense doutra estrada e pásase recto, non se terá en conta a hora de paso e penalizarase con +300 puntos. Terase en conta a primeira vez que se pase polo dito cruce, non sendo válido pasar de novo no bo sentido para que se teña en conta o tempo, posto que xase pasou por ese C.H. e será penalizado con +300 puntos por Erro de Percorrido ó pasar de maneira errónea a primeira vez.

– “Equivocarse” nun cruce anterior ó C.H. cando se vai adelantado á hora de paso coa clara intención de facer tempo para despois rectificar e pasar correctamente o C.H., penalizarase con +300 puntos por Erro de Precorrido no C.H.

Artículo 10. Clasificación Xeral Final de cada Open.

As clasificacións finais para cada Open faranse por equipos, isto é que en cada proba deben de formar equipo as mesmas persoas podendo alternarse ó volante, así como cambiar de vehículo.

Na primeira proba inscribiranse cun nome de equipo, o cal deberá de selo mesmo para toda a tempada.

No caso de que un dos integrantes do equipo non poida acudir a unha proba, de maneira excepcional, o outro integrante poderá acudir con outro compañeiro e sempre que se inscriba co nome de equipo da primeira ruta, puntuará para el Open correspondente. Esta opción sólo podrá utilizarse como “comodín” en dúas ocasións debendo acudir ó resto de probas a formación orixinal.

Para o cómputo de puntos para o Open Rutas Turísticas Ferrolterra 2023, seguirase o seguinte criterio, en función do número de probas que se celebren:

               Se hai 7 probas – Descontan 2 resultados

Se hai 6 probas – Desconta 1 resultado

Se hai 5 ou menos – Non se desconta ningún resultado

Para optar ó open: Hai que tomar a saída na metade das rutas + 1

No caso de empate final de dous equipos tras sumar resultados correspondentes, sumaranse tamén os puntos se os houbese da quinta, sexta e séptima proba, no caso, ata o momento descartada. Si aínda así persiste o empate ganará o que máis victorias teña conseguido nas Rutas do Open. Se fose o caso de ainda persistir o empate contabilizarase o número de “ceros” que conseguiu cada equipo durante todo o Open, ganando o que máis conseguise.

Os puntos finais por ruta serán os siguientes:

Puesto  Puntos                 Puesto  Puntos

1º           45                         11º        10

2º           39                         12º        9

3º           34                         13º        8

4º           29                         14º        7

5º           25                         15º        6

6º           21                         16º        5

7º           18                         17º        4

8º           15                         18º        3

9º           13                         19º        2

10º        11                         20º        1

Artigo 11. Calendario.

Establécese un calendario inicial provisional para 2024, da seguinte maneira:

                        -1ª Ruta Turística AAVV A Naveira Doso: 24 de Marzo

                        -8ª Ruta Turística Vila de As Pontes: 27 de Abril

                        -2ª Ruta Turística Vila de Ortigueira: 5 Outubro

                        -1ª Ruta Turística Igrexafeita: 2 de Novembro

                        – 10ª Ruta Escudería Moeche: 16 de Novembro

Artículo 12. Regulamentos Particulares.

Para cada proba publicarase un Regulamento Particular, no que se establezca o punto de saída de cada ruta, así como horarios, kilometraxe, etc…

Artículo 13. Trofeos.

O final de cada proba, entregarase trofeo ós tres primeiros clasificados (piloto e copiloto), polo que entregaranse 6 trofeos.

Isto mismo repetirase para a Clasificación Final de cada Open.

Cada Organización poderá entregar outros trofeos a criterio deles e á marxe da Organización do Open.